Os Reis xa pasaron por Frades e hoxe chegan ao resto da bisbarra

0

Frades, 5 de caneiro do 2017 –  A ilusión foi a gran protagonista en Frades, na que os nenos e nenas celebraban ser os primeiros da comarca de Ordes en desfrutar da Cabalgata e do Festival de Reis.

As Súas Maxestades chegaron na parte traseira de tres furgonetas a Frades, acompañados polos músicos da asociación folclórica Sarillo (Aiazo) e tres personaxes moi queridas para os pequenos: Bob Esponja, que repetía visita, un minion e o gran protagonista da xornada, Chase da Patrulla Canina, que por momentos mesmo chegou a eclipsar a Melchor, Gaspar e Baltasar.

No polideportivo os Reis Magos foron recibidos polo alcalde de Frades, Roberto Rey, quen aproveitou tamén para agradecer a colaboración da ANPA do CPI Pontecarreira e da asociación folclórica Sarillo de Aiazo, “pois xuntos fixemos que hoxe fose un día máxico e de festa para todos os nenos e nenas de Frades”. A pesar da presenza no pavillón de dous inchables, xogos de animación e distintos obradoiros, a atención dos pequenos focalizouse en torno ao palco onde Melchor, Gaspar e Baltasar os foron recibindo.

Despois de recordarlles as súas peticións e de recoller cadansúa bolsa de lambonadas, foi cando os pequenos comezaron a xogar nos distintos inchables e obradoiros. A festa rematou cunha degustación de chocolate e roscón de Reis para todos os presentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial