Rematadas as obras no campo da festa de Parada en Silleda

0

Silleda, 12 de setembro do 2018 – O Concello de Silleda vén de rematar as obras de mellora do campo da festa da parroquia de Parada, unha das actuacións acometidas durante este verán no marco da mellora de equipamentos no rural.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, acompañado polo edil de Obras e Servizos, Klaus Brey, visitou en días pasados Parada, onde a inversión, cun total de 47.150 euros, acometeuse a través da axuda do Fondo de Compensación Ambiental (na liña non competitiva), correspondente ao importe que lle corresponde ao municipio en compensación polos parques eólicos.

Con esta actuación mellorouse o espazo, situado no entorno do Centro Social da parroquia, dotándoo de formigón semi pulido.

“Con esta intervención buscamos mellorar este emprazamento público xa que se atopa en notables condicións de deterioro”, explica o alcalde.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial