Remate das obras da estrada de Mercurín, en Ordes

0

Ordes, 14 de setembro do 2018 –  A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, visitaron as obras de ampliación e mellora da estrada de Mercurín recentemente finalizadas.

O investimento na estrada de Mercurin de  2.330.000  euros serviu ampliar a estrada e ampliar tamén a capa de firme intermedio. Ademais melloráronse as interseccións e construíronse cunetas de seguridade. Creáronse carrís de aceleración e semiglorietas que faciliten os xiros ademais dunha rotonda no acceso as instalacións de Sogama co que se gana en seguridade.

A Conselleira Ethel Vázquez destacou o investimento da Xunta que con esta ambiciosa actuación “muda por completo a imaxe desta estrada. Trátase dunha infraestrutura clave para os municipios de Ordes e de Cerceda pola que transita un elevado volume de tráfico pesado. Múdase así por completo unha estrada pola que circulan arredor de 2.500 vehículos ao día por dar acceso ao parque empresarial de Cerceda e a Sogama”. Avanzou tamén que a día de hoxe se segue a traballar no reforzo da seguridade viaria nas estradas autonómicas ao seu paso polo concello, concretamente para favorecer os desprazamentos de veciños e veciñas, persoal de Sogama ou visitantes do parque acuático de Cerceda. Ademais anticipou  investimentos por máis de 1 millón de euros na mellora do firme da AC-413 e na AC-524, así como noutras estradas na zona, que beneficiarán tamén aos municipios de Cerceda, Tordoia, Mesía ou Frades.

Pola súa banda o alcalde de Ordes agradeceu non só o investimento levado a cabo “nesta vía tan importante para o noso municipio e para o noso parque empresarial” senón tamén pola celeridade na que se realizou esta obra tan necesaria e tan demandada pola nosa veciñanza”. Unha intervención que foi posible grazas a que a Xunta de Galicia asumiu no seu día a titularidade desta estrada, que en total suma máis de 8 quilómetros de lonxitude.

 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial