займ срочно

Ames rematou as festas do Milladoiro e prepárase para as de Bertamiráns

0

Ames, 7 de agosto do 2018 – Logo das festas da Madalena no Milladoiro tócalle quenda á Peregrina de Bertamiráns que comeza este próximo venres.

Os festexos en Bertamiráns comezarán coa  IV Festa do Porco á Brasa a partir das dez da noite. A tradicional cita gastronómica do venres complétase coa actuación do grupo musical Mar d´Arousa. Os billetes para participar na degustación do porco á brasa poden adquirirse no Bar Mero e na Casa Abelleira. En todo caso, todos os interesados/as no evento poden obter máis información chamando ao número de teléfono 680 210 964.

O sábado, 11 de agosto, os festexos comezarán ás 10:00 horas coa tirada de 21 bombas de palenque e, a partir das 11:00 horas, a charanga Os Atrevidos da Barcala estará percorrendo as rúas de Bertamiráns. Ás 14:00 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Ritmo Joven. Pola tarde haberá inchables para os cativos de 18:00 a 21:00 horas no parque da Travesía do Rueiro. Cara ao final do día, ás 19:00 horas, terá lugar unha misa e a procesión de fachos. A partir das 22:00 horas dará comezo a verbena no Campo da Peregrina coas orquestras Ritmo Joven e Furia Joven, conxunto que está a realizar a súa primeira xira por Galicia.

O domingo, a festa comezará ás 10:00h coa tirada doutras 21 bombas de palenque e cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas amesán Os Castros, que tamén ofrecerá unha actuación de baile tradicional a partir das 12:00h na praza da Maía. Nesta mesma praza actuará, a partir das 11:00h, a banda de música de Negreira, que tamén acompañará a procesión posterior á misa solemne das 12:00h. A sesión vermú dará comezo ás 14.00 horas coa actuación da orquestra Israel. Xa pola tarde, ás 19:30h no campo municipal, terá lugar o XV Trofeo de Fútbol “Café Don Budi”. O punto final das festas da Peregrina de Bertamiráns poñerano as actuacións das orquestras Israel e El Combo Dominicano a partir das 22:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies