займ срочно

Compostela acolleu nos últimos días as primeiras xornadas sobre cafés históricos baixo o título ” Cafés, Patrimonio Cultural a través do tempo”. A iniciativa partiu do xornalista Fernando Franjo autor do libro “50 cafés históricos de España y Portugal” e durante moitos anos dedicado tamén a información da bisbarra de Compostela.

As xornadas tiveron como sede a Fundación Torrente Ballester e na inauguración participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro; os presidentes da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Álvaro Torrente, e da Ehica, Vasilis Stathakis.

Parte importante de este encontro é precisamente a presentación en España da Ehica, a Asociación Europea de Cafés Históricos, na que se integran locais de distintos países (Grecia, Italia, Francia, Portugal, España, Malta, Eslovaquia, Hungría, Bélxica e Rumanía) e que ten como un dos principais obxectivos poñer en marcha unha ruta cultural por estes establecementos, certificada pola Unión Europea. Fernando Franjo, director de contidos das xornadas, foi ademais presentado como portavoz da Asociación en España.

Fernado Franjo, a esquerda, recibe de mans de Vasilis Stathakis un agasallo da Ehica

Precisamente Franjo explicábanos esta iniciativa e a importancia para unha cidade como Santiago

Preguntábamos tamén polo momento que vive o café, despois duns anos nos que se mantivo nun segundo plano as novas tendencias en gastronomía parecen devolvelo a actualidade

Fernado Franjo etregou a súa vez a Vasilis Stathakis a certificación da participacion do café kipa nas xornadas

Lindeiros mantivo unha pequena conversa co presidente da Ehica, o grego Vasilis Stathakis que é ademais o dono do café Kipos de Creta que leva funcionando desde 1870. Quixemos coñecer en primeiro lugar a impresión recibida de Compostela xa que era, non só a súa primeira visita a Santiago, se non tamén a España

A continuación falamos da oportunidade de desenvolver unhas xornadas como estas para promocionar o café e a asociación

No mes de setembro a asociación presentará nunha conferencia de prensa en Atenas as súas actividades ata 2020. A finais dese mesmo mes, a Ehica participará no foro anual internacional Rutas Culturais do Consello de Europa, en Alemaña e xa en outubro, o Parlamento Europeo acollerá a primeira reunión internacional da Asociación Europea de Cafés Históricos.

Contidos e obradoiros

Ao longo de estes días falouse do papel do café na gastronomía, dos cafés históricos e a súa faceta como patrimonio, das tertulias e a evolución que tiveron, e incluso tívose tempo para algún obradoiro. Na xornada inaugural un dos mellores baristas de España, Oscar de Toro, explicou aos presentes a importancia da auga e o leito no momento de facer un café, como podemos ver no seguinte vídeo

Estas xornadas foron unha nova incorporación á axenda cultural de Compostela que se vincula cada vez máis a gastronomía en súas distintas facetas. Si fai pouco contábamos as xornadas da cabra en Conxo e antes foron as uñas en San Lázaro agora tocoulle ao café do que dicía Ruben Darío “Unha boa cunca do seu negro licor, ben preparado, contén tantos problemas e tantos poemas como unha botella de tinta”

[ngg_images source=”galleries” container_ids=”74″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies