A representación da muller no cine nos cursos de verán da USC

0

Compostela, 11 de xuño do 2018 – A Universidade de Verán 2018 ofrece entre os días 2 e 6 de xullo un curso sobre a representación da muller no cine e a discriminación.

O encontro sobre muller  “A perspectiva de xénero no cine” terá lugar na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito (Santiago). A matrícula pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 23 de xuño.

O curso, dirixido por Isabel Pichel e Mónica García Goldar, analizará a representación da figura da muller no cine dende unha perspectiva transversal xurídica e audiovisual. Este curso parte da idea de que o sétimo arte é un gran escaparate con capacidade para exercer certa influencia no público. O obxectivo principal é espertar nos asistentes un espírito crítico sobre temas de gran actualidade como a violencia de xénero ou a discriminación laboral da muller. As xornadas incluirán a proxección de filmes e a realización de mesas redondas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies