A nova Residencia e Centro de Día de Silleda avanza a bo ritmo

0

Silleda, 16 de marzo do 2018 –  As obras de construción da Residencia e Centro de Día de Maiores de Silleda continúan avanzando e a estrutura e o tabicado interior están practicamente rematados e previsiblemente estarán listos a finais deste mes.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, percorreu as futuras instalacións da Residencia xunto con Camilo Álvarez,  responsable de Coviastec Silleda, a empresa que constrúe e xestionará a residencia, o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey, e o arquitecto autor do proxecto, Martín Pereiras, entre outros. Xa se aprecia a magnitude das habitacións, comedor, sala de rehabilitación, consultorio médico… e só queda por levantar a cuberta na parte central superior, onde se ubicará o Centro de Día. As previsións pasan por ter rematada toda a obra entre setembro e outubro para iniciar despois os trámites correspondentes a licenzas de apertura e outros permisos. O servizo comezaría a prestarse a principios do vindeiro ano 2019.

O edificio, con máis de 2.400 metros cadrados de superficie útil, sitúase na parcela municipal situada xunto ao recinto feiral de Silleda.  Conta cunha estrutura áxil, moi luminosa e dinámica e un deseño adaptado e integrado no entorno no que se atopa.

Baixo o lema “Volta a orixe”, o proxecto de Pereiras presentouse no seu día como unha “reinterpretación dos espazos e da arquitectura tradicional do país”, unha concepción que se enmarca na idea do retorno á infancia e as súas lembranzas co avance da idade das persoas maiores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies