Veciños de A Estrada reclaman a retirada dunha antena de telefonía móbil

0

A Estrada, 5 de xaneiro do 2018 – O BNG de A Estrada ven de mostrar o seu apoio e visibilizar as demandas dun grupo de veciños da Avenida Benito Vigo que reclaman a retirada dunha antena de telefonía móbil.

Av. Benito Vigo

O BNG explica que a mobilización social e a implicación do equipo de goberno son fundamentais para modificar a Lei xeral de telecomunicacións que favorece a instalación de estes equipos e as operadoras.

Os veciños da Avenida Benito Vigo piden a retirada dunha antena de telefonía móbil situada nun edificio preto dunha escola infantil. Os nacionalistas consideran que, a pesar de que non hai estudos concluíntes sobre a perigosidade deste tipo de artefactos para saúde das persoas, debe primar o principio de precaución recoñecido no artigo 3 da Lei 33/2011, Lei Xeral de Saúde Pública, que determina a cesación, prohibición ou limitación dunha actividade sobre a que haxa indicios fundados dunha posíbel afectación grave para a saúde das persoas, e en concretos dos máis cativos, aínda cando haxa incerteza científica sobre o carácter do risco en cuestión.

A lei da selva

Desde o BNG tamén alertan do cambio radical que supuxo a aprobación da Lei Xeral de Telecomunicacións en 2014 a respecto da instalación das antenas de telefonía móbil. Esta lei deu prioridade ás operadoras de telefonía, catalogando o despregue da tecnoloxía móbil como de “interese xeral”, simplificando enormemente os trámites burocráticos, saltándose completamente a autonomía e o control municipal, e ignorando a participación cidadá na toma de decisións. A Lei Xeral de Telecomunicacións, aprobada polo Congreso e o Senado, é, para o BNG, a lei da selva e dá carta branca ás operadoras para situar onde queiran as antenas de telefonía.

O BNG engade que “esta lei ata de mans e pés os concellos para limitar e ubicar en sitios concretos a instalación das antenas de telefonía, obviando a autonomía municipal recoñecida na Lei de Bases de Réxime Local para definir o planeamento, xestión, execución e disciplica urbanística, a protección e xestión do patrimonio, a protección contra a contaminación e a protección da salubridade pública, así como a promoción no termo municipal da participación dos veciños e veciñas no uso eficiente e sostíbel das tecnoloxías da información e as comunicacións”.

Para os nacionalistas “o que nos queda é a mobilización social e a unidade de acción para esixir á operadora a retirada da antena da Avenida de Benito Vigo. Mais cómpre tamén a implicación do alcalde da Estrada para derrotar a Goliat. El, José López, é a máxima autoridade local e súa á responsabilidade é a de atender as demandas da veciñanza”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial