Retrospectiva do arquitecto Alejandro de la Sota na Alameda Compostelana

0

Compostela, 7 de agosto do 2018 – O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu á inauguración da exposición Alejandro de la Sota 1913 -1996, acompañado dos organizadores da mesma, pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; a xerenta do Consorcio de Santiago, Belén Hernández, e demais autoridades.

A mostra, que estará ata o vindeiro día 19 na Alameda, consta de cinco bloques temáticos nos que se pode ver non só o traballo do arquitecto se non tamén os seus textos. A exposición foi deseñada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en homenaxe a de la Sota, ao que neste ano 2018 se lle dedica o Día das Artes Galegas

Alejandro de la Sota naceu en Pontevedra, aínda que viviu a maior parte da súa vida en Madrid. A súa obra é expoñente dun racionalismo equilibrado, unindo creatividade arquitectónica e simplicidade construtiva. Foi un dos grandes promotores do industrialismo na construción dos anos 60, introducindo elementos industriais na obra. Os edificios deseñados por De la Sota adoitan combinar, de forma sorprendente, un gran rigor xeométrico, de liñas claras e rectas, coa audacia nas estruturas. A exposición busca simplificar a un arquitecto complexo, con moitos matices e por iso, ao longo da mesma, se lle da voz a través dos seus textos.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies