Reunión no Parlamento sobre o futuro de Erimsa en Frades

0

Frades, 13 de decembro do 2018 – O grupo socialista no concello de Frades acudiu ao Parlamento de Galicia para falar con deputados do seu partido sobre o futuro de Erimsa e o perigo para o emprego no municipio.

Á reunión acudiu o Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Frades, Enrique Astray Otero e o Secretario de Organización, Aurelio Garea Portos, acompañados do deputado provincial, Antonio Leira Piñeiro. Falaron co deputado Abel Losada Álvarez e no encontro transmitíronlle a súa preocupación e o mal estar dos empregados, polo ERE que afecta a ERIMSA, no cal se poñen en risco os postos de traballo de moitos veciños. Astray e Garea fixeron coñecedor a Losada do problema demográfico de Frades que de levarse a cabo o ERE se vería gravemente acentuado, pois aos empregos directos destruídos, habería que sumar os indirectos.

Un ERE ás portas

A actividade da empresa depende na actualidade dun informe de Medio Rural que permita a extracción do mineral a outras zonas do municipio. De non ser autorizados a previsión é dun ERE que afecte a 60 persoas a partir do próximo xaneiro. A particularidade de ERIMSA é que a extracción do material faise a partir de acordos cos propietarios, levantando a terra da que se extrae o material para volver a introducila no entorno co que as fincas en ocasións incluso melloran de cara a plantación de cultivos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial