Nova reunión en Teo que consolida o bloqueo do goberno

0

Teo, 16 de xullo do 2019 – O BNG acudiu a unha nova reunión con Son de Teo e Psoe da que só saíu a confirmación do bloqueo que manteñen os tres grupos ao manter as mesmas posturas do pleno de organización

Según nota de prensa remitida polo BNG a postura do equipo de goberno de Son de Teo e Psoe é a mesma, a proposta levada a pleno é innegociable. Según os nacionalistas a maiores o equipo de goberno considera que o BNG ten a obriga de entrar no goberno municipal para desfacer o actual bloqueo.

O portavoz municipal do BNG, Manuel Anxo Fernández Baz, subliñou que “lamentamos que Son de Teo persista na actitude que mantivo ao longo das últimas semanas de non contemplar outra opción que non sexa a de incrementar as dedicacións e o gasto en cargos electos nun 12% e negarse a calquera outra proposta”, e cualificou estas actitudes de perigosas e caprichosas.

Lembremos que a proposta do grupo de goberno era defendida no pleno por ser inferior en gasto a que se uso no 2011 cando o BNG si formaba parte do goberno municipal. A postura en este caso dos nacionalistas é un tope de cinco dedicacións sen entrar a valorar que cantidades serían asignadas as mesmas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial