Reunión entre Xunta e concello de Teo sobre a Planta da Casalonga

0

Teo, 8 de xuño do 2018 – O alcalde de Teo, Rafael Sisto, e os representantes dos grupos municipais mantiveron unha xuntanza na Consellería de Medio Ambiente co equipo da Directora Xeral de Calidade Ambiental, María Cruz Ferreira para falar do proxecto de instalación dunha planta de reciclaxe de residuos na zona da Casalonga.

A valoración deste primeiro contacto é positiva porque permitiu establecer unha interlocución coa administración autonómica, encargada da tramitación da autorización ambiental integrada, á que ten que someterse o proxecto de Toysal para a Casalonga.

No encontro estiveron presentes tamén representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, que engloba ao colectivo de persoas da zona máis afectada, e o Delegado Territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro. O rexedor teense destaca “a rapidez coa que a administración atendeu a nosa solicitude desta primeira xuntanza política e técnica e sobre todo a única voz amosada na xuntanza por parte dos grupos municipais e da plataforma”. Esta unidade de acción xa se veu tamén na moción aprobada por unanimidade no pleno do mes de maio no que se amosaba o apoio á veciñanza neste tema e se reclamaba que a lei do solo non permitira determinados usos en solo rústico. Esta reunión permitiu falar do procedemento administrativo ao que nos enfrentamos e poder contar cunha canle de comunicación coa Xunta, o que garante ter información sobre o expediente e que non nos atopemos “con escenarios indesexables como pasou en Touro ou na Grixoa no que o período de exposición pública non foi suficientemente difundido”.

Nova asemblea informativa

O Concello continúa informando deste tema e o luns 11 de xuño no Auditorio Municipal Constante Liste na Ramallosa ás 20:30 realizarase unha nova asemblea informativa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial