Máis cerca a reurbanización de Patio de Madres e Castrón Douro

0

Compostela, 11 de novembro do 2017 – A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de reurbanización das rúas Patio de Madres e Castrón Douro, na súa Fase I.

A actuación ten un orzamento dalgo máis dun millón e medio de euros, e un prazo de execución de 18 meses. As obras serán cofinanciadas con fondos FEDER, no marco da EDUSI de Santiago.

O concelleiro Xan Duro, encargado de dar conta dos acordos da Xunta de Goberno, explicou que a Fase I do Proxecto de reurbanización inclúe Patio de Madres e a rúa de Castrón Douro ata o cruce con Curros Enríquez. A superficie na que se vai actuar supera os 4.200 metros cadrados. A actuación permitirá solucionar os graves problemas de accesibilidade da rúa, “tanto nos accesos ás vivendas a través de chanzos, como no tránsito dos peóns, que dispoñen de beirarrúas moi estreitas nas que non hai espazo para cadeiras de rodas ou carros de bebés”. Para iso, será preciso suprimir as prazas de aparcamento, aínda que se manterán unha zona de carga e descarga e unha área para paradas dun máximo de dez minutos.

Tamén se vai substituír o pavimento da calzada, que pasará a ser de formigón, e que estará separada das beirarrúas por pezas de granito. Os pasos de peóns estarán ao nivel da beirarrúa, uns cinco centímetros elevados sobre a calzada, e crearanse zonas estanciais con pavimento de pedra, unha delas á altura do regato do Cancelón. Por último, prevese a instalación de tres illas de contedores soterrados.

A previsión é que as obras poidan comezar na próxima primavera, unha vez que o proxecto sexa licitado neste mesmo mes.

Melloras no campo de fútbol se Santa Isabel

Aínda en materia de obras, a Xunta de Goberno aprobou o proxecto técnico para a mellora das condicións de accesibilidade no campo de fútbol de Santa Isabel, Fase I. As obras teñen un orzamento máximo de licitación dalgo máis de 116.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

Segundo apuntou Xan Duro, “as instalacións deportivas presentan unha serie de deficiencias, sobre todo na zona sur”. O proxecto afectaralle fundamentalmente aos accesos ao interior do recinto dende a porta de entrada desde a praza da rúa Campo de Santa Isabel ata os novos vestiarios e a zona de graderío. Tamén se actuará sobre os aseos e nos laterais das bancadas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies