Rexeitado o intento de Ames Novo de crear unha empresa para municipalizar servizos

0

Ames, 27 de outubro do 2018 – A intención de Ames Novo de dar os primeiros pasos para crear unha empresa municipal que de xeito progresivos recuperara servizos privatizados foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e Pacto x Ames e a abstención do goberno de Psoe , BNG e Contigo Pódese.

A iniciativa levada a Pleno pola marea local tiña como proposta de acordo “manifestar a vontade do Pleno de constituír unha Sociedade Municipal de Servizos, sociedade mercantil de capital exclusivamente municipal, que vaia asumindo de xeito progresivo a xestión e/ou prestación de diversos servizos municipais agora encomendadas a empresas privadas conforme finalicen as concesións e contratos de prestación en vigor, sempre de acordo cos procedementos legalmente establecidos.” O obxectivo da proposta era asumir a xestión ou prestación de servizos agora encomendados a empresas privadas e que poderían ser perfectamente desempeñados desde a propia institución con un considerable aforro. O primeiro sería o do persoal do cemiterio municipal, un servizo básico que neste momento está encomendado en precario a unha concesionaria privada cuxo contrato rematou en decembro pasado. Asemade a Iniciativa Cidadá Ames Novo contempla no curto prazo a asunción a través dunha sociedade mercantil de capital municipal servizos como a limpeza de edificios e instalacións municipais e dos colexios públicos, todos eles concesionados a empresas privadas.

Según o voceiro de Ames Novo, Quique Costas, “Non é lóxico que esteamos pagando a terceiros pola realización de traballos que se poden asumir sen maior complicación desde o Concello. O réxime actual de contratas significa que os custes reais, salariais e de materiais, se vexan incrementados, como mínimo, no 21% polo IVE ao que hai que sumar a lóxica taxa de ganancia que ten que obter a empresa concesionaria. Iso significa que o Concello está pagando, no mellor dos casos un 30% máis dos custes reais en cada un dos servizos contratados”. Según Costas estes datos veñen reflectido no informe de fiscalización do Tribunal de Cuentas de 2013 que establece que os servizos privatizados supoñen sobrecustes de ata o 90% e destaca que no caso da limpeza viaria a media é do 72%.

Ames Novo lembra que a remunicipalización de servizos forma parte do acordo de investidura que no seu día asinaron todos os grupos da esquerda municipal e que lle deu a Alcaldía a José Miñones. E que o programa de goberno recolle explicitamente “proceder á municipalización da xestión tributaria e avanzar na recuperación de servizos municipalizados, revertendo da privatización aqueles que se consideren esenciais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial