O Ribeiras do Tambre ouro en K1-1000 no Campionato de España

0

Ames, 3 de agosto do 2017 –  O Ribeiras do Tambre volve do Campionato de España cunha medalla de ouro, unha de prata e un cuarto posto que abalan o bo traballo do equipo amiense.

Gabriel Martínez e Ángel González no podium do campionato de España

Gabriel Martínez e Ángel González no podium do campionato de España

Durante o mes de xullo participaron no campionato galego de pista cadete e infantil, así como no campionato de España de sprint infantil e cadete. No campionato galego conseguiron tres ouros, unha medalla de prata e outra de bronce, mentres que no campionato de España acadaron un ouro, unha medalla de prata e un cuarto posto.

O pasado fin de semana disputouse o campionato de España de sprint infantil e cadete na localidade de Trasona, en Asturias. Alí, a representación amesá conseguiu unha medalla de ouro, unha de prata e un cuarto posto. Gabriel Martínez Pachón gañou a proba cadete K-1 1000 metros, proclamándose campión de España e xunto a Ángel González Gómez, lograron a medalla de prata en cadete K-2 1000 metros, acadando o subcampionato de España. Tamén cómpre destacar a actuación do padexeiro Luís Guilbert Pérez, que quedou cuarto clasificado en K-1 1000 metros, na categoría infantil.  

Gabriel Martínez e Ángel González

Gabriel Martínez e Ángel González

Por outra banda, os días 22 e 23 de xullo disputouse no complexo deportivo David Cal, situado no embalse de Pontillón do Castro de Verducido, o campionato galego de pista cadete e infantil. Neste caso, os padexeiros do club Ribeiras do Tambre conseguiron tres ouros, unha medalla de prata e outra de bronce. Gabriel Martínez Pachón foi o gañador en K-1 1000 metros da categoría cadete, proclamándose campión galego. Nesta mesma categoría, Ángel González Gómez quedou en segunda posición tralo seu compañeiro de equipo, e logrou o subcampionato de Galicia. Ademais, a parella formada por Gabriel Martínez Pachón e Ángel González Gómez gañaron a proba de K-2 1000 metros da categoría cadete, sendo campións de Galicia.

Luís Guilbert Pérez quedou na primeira posición da proba de K-1 1000 metros da categoría infantil, conseguindo o campionato galego. Este mesmo padexeiro formou parella con Antón Rivas Seijas, para conseguir a medalla de bronce no K-2 1000 metros da categoría infantil A.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies