Ricardo Durán foi nomeado Director Xerente da Fundación Semana Verde de Galicia en decembro do 2013. Chegou nun momento moi complicado pero no que se puxeran as bases para resolvelo, con acordos moi avanzados co Concello de Silleda e FCC co fin de rematar coas débedas que lastraban a entidade. Durán, Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña e Especializado en Dereito Administrativo e Economía Política, coñecía a perfección o contexto no que ia traballar xa que os catro anos anteriores os pasara na Vicepresidencia da Xunta como responsable das relacións coa Fundación. Agora, catro anos despois, cando comeza a 41º edición da Semana Verde, pódese ver que aqueles piares estaban ben asentados e a Fundación foi capaz, en medio dunha crise xeneral, de rematar coas débedas e comezar a crecer.

Comezamos a entrevista preguntándolle polo momento que vive a Semana Verde. Ricardo Durán destaca ao crecemento da Semana Verde como feira, pero ademais o crecemento anual en eventos e o crecemento gradual da lonxa agropecuaria dos martes

Repasar os datos dos últimos catro anos é darse conta do profundo cambio e do esforzo que tivo que facer a Fundación. Débedas de 8 millón de euros, conflitividade laboral, problemas co pago a provedores, todo foi superado para chegar a un momento no que non se debe nada e a media de pago é de catro días.

A Semana Verde viviu as mellores épocas das Feiras de Mostras. Cando foron desaparecendo era unha das candidatas a non sobrevivir xa que o recinto estaba pensado para iso. Nos últimos anos conseguiu reconvertese, abrirse a outros sectores como o da enerxía ou o do automóbil e afrontar novos usos como o de recinto de concertos, eventos todos que contribúen ao bo momento actual

Si algo hai que destacar de toda esta transformación é a colaboración entre institucións. Os acordos entre Xunta, Deputación de Pontevedra e concello de Silleda conseguiron resolver os principais problemas xudiciais abertos e iniciar unha nova etapa na que ademais Silleda atopa espazos para a súa Banda de Música, con máis de cen anos, e para moitas das súas actividades

Da 41º edición da Semana Verde Ricardo Duran destaca varias cousas pero a principal é a bolsa de traballo que se ven xerando os últimos anos. A continuación a innegable importancia do sector da alimentación que, coa presenza este ano da Junta de Andalucía, pasa a converterse na terceira feira a nivel nacional. En terceiro lugar está o turismo que segue tamén a crecer e converte a Semana Verde no encontro máis importante de España despois de Fitur.

Durán é un perfecto coñecedor da Fundación Semana Verde xa que, en moi boa parte, foi o responsable do deseño actual do uso do recinto e da súa xestión actual. Quedan moitos sectores por incorporar ao calendario de eventos da Fundación, este ano crece en 9 encontros, polo que parece que o camiño comezado hai catro anos levou non so a bo porto se non tamén a un espazo de traballo amplo no que converter ao recinto de Silleda, de novo, nunha referencia na peninsula.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies