займ срочно

A escultura Ríos de Ferro do obradoiro de Forxa colocada no Restollal

0

Compostela, 21 de setembro do 2017 – O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, visitaron a escultura de forxa Ríos de Ferro. A gran onda, realizada por máis de 40 ferreiros e ferreiras. Na visita estiveron os artistas Óscar Aldonza e Santiago Martínez, así como os voceiros do PSOE e o PP, Paco Reyes e Agustín Hernández.

Ríos de Ferro engalana unha zona da cidade recentemente rehabilitada grazas ao obradoiro de emprego Ecotur, que acondicionou a senda peonil do Sar ao seu paso polo Parque Eugenio Granell e Novo Milenio en dirección ás Pontes de Conxo. Tal e como destacou a concelleira de Comercio, “esta peza é o resultado do esforzo de moitos e moitas ferreiras que a levaron a cabo no encontro estatal de forxa do mes de xuño na Quintana. Agora, engadiu Lois, “poderemos gozar todos e todas as veciñas de Compostela desta peza na nosa cidade, que ten un gran valor artístico”.

Pola súa banda, Chago Martínez destacou a “inmensa calidade deste traballo”, que cualificou de “irrepetible”, posto que nel traballaron os mellores artistas da forxa, “concretamente 7 dos 10 mellores do Estado, entre os que destacan Miquel Xirau”. Finalmente, Óscar Aldonza quixo explicar o significado da peza, que “mestura a debilidade da auga coa dureza do ferro”. Aldonza remarcou a importancia de que a escultura se coloque á beira do río Sar e nunha zona como a carballeira do Restollal.

Ríos de Ferro xa colocada

Ríos de Ferro xa colocada

Un momento da creación de Ríos de Ferro este verán

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies