Denuncian os problemas de riscos laborais, a excesiva carga de traballo e as contratacións irregulares no Hospital Provincial

0

Compostela, 11 de outubro do 2018 – O comité de empresa de ILUNION denunciou en rolda de prensa os problemas de riscos laborais, carga de traballo e contratacións irregulares se están a producir no Hospital Provincial.

Carmen Cambón era a primeira en tomar a palabra para explicar que desde hai ano e medio, momento en que se crea o comité de empresa da que é presidenta e no que participan CIG e UXT, levan intentando que a empresa poña solución aos graves problemas laborais que sofren

Anxo Noceda, asesor da CIG para este centro de traballo, foi o encargado de concretar algúns dos problemas. Comezou recoñecendo que a dimensión do persoal axústase aos pregos do contrato pero que se esixen tipos de trabllo non contemplados. Por outra banda mentres que o persoal do SERGAS cobra o traballo a maiores que se fai, para rebaixar as listas de espera, os empregados de ILUNION teñen que limpar ata 25 quirófanos máis por día sen ser compensados

Subcontratas cun centro especial de emprego

Os representantes dos traballadores denuncian tamén que as baixas estanse cubrindo con persoas discapacitadas dun Centro Especial de Emprego que depende tamén da propia empresa ILUNION. Anxo Noceda explica que a desculpa é a inserción laboral pero a realidade  é outra xa que este persoal non ten as mesmas condicións laborais que o posto que cobren

Este problema e maior xa que a non adaptación do posto do traballo, como marca a lei, a estas persoas con discapacidade acaba por sobre cargar aínda máis o resto de postos, algo do que a inspección de traballo xa deixou constancia nun informe

Anxo Noceda explicaba que esta situación é consecuencia das rebaixas nas adxudicacións que acaban por repercutir nos traballadores, obrigados a facer o mesmo traballo en peores condicións

Un informe do Consello de Contas recomendou a recuperación dos servizos

Remataban lembrando que xa no 2014 o Consello de Contas emitía un informe no que aseguraba que as adxudicacións dos servizos de limpeza do SERGAS sería máis barato recuperalas para a administración pública

Esta situación vense denunciando desde abril do 2017, a empresa adxudicataria acolleuse a unha prórroga e no mes de Nadal ten a posibilidade de acollerse a unha segunda ampliación dun ano do contrato. Polo momento a negociación estase levando a cabo coa empresa como principal responsable pero os traballadores non descartan dirixirse a xerencia do CHUS se non atopan solucións.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial