Debuxos de Roberto Argüelles e dous concertos na semana do Outono Codax

0

Compostela, 8 de novembro do 2018 – O Outono Codax Festival retomou a actividade cunha mostra do traballo de Roberto Argüelles e completa a semana con dous concertos no Riquela e a Capitol.

Exposición Trash

O pasado venres inaugurábase a exposición Trash do vigués Roberto Argüelles que pode verse en A Reixa Tenda. Procedente do mundo do deseño gráfico a súa obra está influenciada polo mundo underground, o cine serie B, debuxos animados ou o cómic

Desde os comezos no deseño profesional Argüelles estivo moi ligado á música o que tamén influíu no seu traballo expositivo

Despois dunha época na que a cartelería parecía deixar de ter sentido o mundo das redes sociais reviviu esa parcela e hoxe é impensable un evento que non leve aparellado un cartaz adaptado aos distintos formatos

A exposición está instalada ata o día 30 e ademais de disfrutar dos debuxos de Roberto Argüelles un pode facerse con eles así que xa sabedes.

 

Apertura do Outono Codax

O primeiro concerto do Outono Codax Festival deixounos un magnífico sabor de boca no que, como xa ten sucedido en moitas ocasións, o teórico “teloneiro” tivo tanto protagonismo como o artista principal. Os Rad Trads demostraron porque son unha revelación en Nova York, teñen unha versatilidade que mantén unha liña moi clara en torno a sons moi americanos. Lembran desde un Jonathan Richman ata un John Cougar Mellencamp e fano cunha profesionalidade nacida das escolas das que proceden e onde se coñeceron. Pola súa The Tibbs parecen saídos dunha oficina de banca… ata que comezan a tocar; son pura eficiencia e a voz de Elsa Bekman complementa a perfección unha formación que triunfaría nos 50′ como o fai hoxe en día.

Esta fin de semana máis

E dobre cita esta fin de semana que comeza o venres na Sala Riquela cunha petición do público, o retorno de Luke Winslow King. O artista de Nova Orleans presentará nun acústico de balde o seu novo traballo, Blue Mesa. Luke é unha das voces máis autorizadas e respectadas dos novos  tradicionalistas do son Nova  Orleans (lendas como Taj Mahal ou Jack White quixeron compartir escenario con el). Guitarrista, cantante e compositor coñecido pola súa espectacular mestría coa guitarra e o seu interese polo  blues de antes da Segunda Guerra Mundial, o seu estilo transita nunha exquisita e  ecléctica mestura de  blues, jazz, soul,  rhythm& blues, rock, e mesmo folk e clásica, curtida a base de concertos nos clubs do barrio francés de Nova  Orleans.


 Maren Ladson

O sábado a ourensá Maren Ladson encargarse de abrir o escenario da Capitol. A ollos da crítica Ladson é unha anomalía no mellor sentido, resulta bastante incrible que alguén grave un primeiro disco con apenas 19 anos e presente este nivel de imaxinación  compositiva, profundidade nas letras e capacidade de interpretación. Pero é que case nada na vida de  Marem  Ladson resulta moi normal. O seu precoz talento, a súa seguridade sobre o escenario, a súa madurez, sorprenden inmediatamente.

Esta aparición estelar foise fraguando en distintos escenarios. Con apenas un single ( All  My  Storms, 2017) chamou a atención da crítica, catalogando á galega/estadounidense (nada en Ourense de nai ourensá, pai neoiorquino, xogador de baloncesto na liga española) como unha das promesas máis firmes do panorama musical actual. A promesa faise agora realidade no seu disco de debut homónimo, co que chega ao  Outono Códax na súa primeira xira de presentación discográfica, para soar tan  aditiva e  elegantemente en directo como o fai nas súas once pistas de estudo.


 Marta Ren & the Groovelvets

Din que é unha das mellores voces femininas de Europa. Para moitos descoñecida, pese a ser portugueses, e sen embargo cunha axenda de concertos moi cargada como demostra os meses que a organización do Outono Codax leva detrás dela.

A voz de  Ren é comparada pola crítica coas grandes  Marva  Whitney,  Vicki Anderson ou a inconmensurable Sharon Jones. Pouco máis que engadir.

Ren comezou na música con tan só 14 anos coa formación  Sloppy Joe, coa que chegou a gravar un primeiro traballo de estudo; posteriormente fíxose un oco na escena lusa coa súa seguinte formación,  The  Bombazines, coa que lanzou dous discos, e finalmente un reputado nome en Europa con  The  Groovelvets. Os portugueses inspiran os seus sons no soul e o  funk clásicos, con referencias como James  Brown,  Marva  Whitney,  Otis  Redding ou  Vicki Anderson, e o seu debut con Stop  Look  Listen, o seu primeiro traballo de estudo repleto de  visceral e poderoso  deep  funk, situounos como unha das actuais referencias obrigadas no circuíto europeo.

E máis cara fin de mes

A seguinte cita será xa o sábado 24 cun interesante coloquio con Fernando Navarro (El País / La Ruta Norteamericana), feira de discos, sesion out sorpresa e xa pola noite J.P. Bimeni and The Black Belts e Natty Congeroo and the Flames of Rhythm.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial