“O mellor precisabamos cambiar as políticas para que os concellos souberan a principio de ano de que presuposto dispoñen, o que teñen”“Os servizos sociais din que non son competencia dos concellos pero o acaban sendo porque somos a administración máis cercana”“en Frades non vexo a polémica que hai en Mesía en torno a Erimsa, aquí levan traballando 30 anos e nunca oubo un problema nin expropiaron un terreo”
Falabamos, para o Lindeiros en papel, con Roberto Rey, alcalde de Frades, en outubro do 2015. Poucos meses despois de que os electores avalaran, cunha maioría absoluta, o traballo feito desde que 3 anos antes accedera ao cargo ó presentarse Miguel Prado, o anterior rexedor, as eleccións ao Parlamento de Galicia abandonando o posto.
Volvemos á casa consistorial de Frades no ecuador da lexislatura e o atopamos algo máis serio que entón pero igualmente ilusionado.
Roberto Rey fai unha valoración positiva de esta primeira parte da lexislatura pese as dificultades dos concellos pequenos a hora de financiarse
Como en tódolos concellos a famosa Lei Montoro, que impide usar o remanente de tesorería, é un problema que obriga aos concellos a buscar financiamento en outros organismos, os plans da Deputación xa deixan claro de canto disporán pero teñen tamén que implicarse nas distintas consellerías e estar atentos as disposicións que se publican para non perder un euro
Para facilitar a planificación a Deputación de A Coruña deseñou o chamado Plan único que pretende que os concellos saiban antes e mellor de cantos cartos disporán. Pese a polémica xerada desde algúns municipios que consideran que este plan pode supoñer menos cartos dos que recibían Roberto Rey cre que nace con boa intención e que a final de ano terán chegado os mesmos cartos que en anos anteriores.
En concellos como o de Frades un dos departamentos máis importantes e o de Servizos Sociais. Lugares con poboación moi maior que precisa de atención e que en moitos casos só conta co concello para conseguir unha boa calidade de vida. Frades ten servizos a domicilio de podoloxía, fisioterapia, perruquería e case o mesmo número de horas dedicadas a dependencia que concellos limítrofes como Ordes ou Oroso. Servizos con un custo elevado pero dos que non se pode prescindir.
Roberto Rey é tamén o presidente da Mancomunidade de Ordes, un organismo pioneiro na bisbarra en temas de servizos sociais. Desde a Mancomunidade préstase o servizo de axuda a domicilio e de ela depende tamén o Centro de Información a Muller, CIM, que ven de recibir un premio polo seu traballo
Outra das necesidades para un concello como Frades é a comunicación por estrada. Roberto Rey explica que xa teñen solicitada a incorporación ao transporte metropolitano tanto na área de Compostela como na da Coruña e espera que o novo deseño no que traballa a Xunta inclúa ao concello.
Recentemente Frades apareceu xunto con Mesía nas noticias sobre a empresa Erimsa dedicada a extracción de cuarzo de terreos agrícolas. Erimsa ven de recibir permisos de investigación, solicitados no 2012, que permitirían incluso expropiacións pero esta é unha práctica que a empresa negou que se fora a levar a cabo. De calquera xeito certos sectores advirten do perigo de desaparición de moitas granxas e a polémica segue viva pese aos anos que Erimsa leva traballando en Frades sen maiores problemas.
Terminamos a conversa preguntando polos obxectivos de aquí ao final da lexislatura. Roberto Rey sempre ten un montón de ideas na cabeza e ten que facer un esforzo para ordenalas por prioridades
Roberto Rey é outro de eses políticos nos que as directivas dos partidos deberían poñer a vista. Comprensible coas dificultades do momento e do traballo que fan outras administracións sen que iso lle impida reclamar o máximo posible para Frades. Alguén a quen agradecer o esforzo xa que, pese a non gustarlle nada as entrevistas, sempre está disposto a responder.