займ срочно

Entrevista con Roberto Rey, alcalde de Frades, sobre o novo PXOM do municipio

0

Frades, 13 de xaneiro do 2018 –  O concello de Frades recibiu esta semana a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Urbana, PXOM, o primeiro do ano en Galicia.

roberto rey pxom fradesFalamos co alcalde, Roberto Rey, sobre a tramitación de este PXOM e o que supón para un pequeno municipio como Frades. Comezamos preguntándolle pola duración de este proxecto. O PXOM de Frades tivo, ao longo de 9 anos, que ir cambiando a medida que cambiaban responsables e normativas tal e como explica Roberto Rey

Este planeamento supón por outra parte unha planificación que se tivo que adaptar a unha situación posterior a crise da construción. Pese a iso as peticións da veciñanza seguiron tendo que ver coa vivenda

Rey considera que o primeiro obxectivo de este PXOM e fixar poboación xa que a falta dunha norma fixo que nos últimos anos se marcharan habitantes as vilas máis próximas

Por outra banda este PXOM crea dúas zonas de industrialización, unha delas pensada para o sector agrícola, que teñen como finalidade atraer empresas e con elas crear emprego

A aprobación supón unha nova etapa para o Frades ao tempo que abre posibilidades de crecemento para toda a contorna. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies