Rock e Jazz no luns do Feito a Man

0

Compostela, 13 de agosto do 2018 –  O Feito a Man continúa a súa andaina musical con dos concertos para hoxe luns, rock e jazz nas praza dos Gatos e na de Feixoo.

A primeira cita no Feito a Man de este 13 de agosto será as oito da tarde na praza dos Gatos. Barbitúricos son coñecedores da súa absoluta falta de talento e charme, estes catro cheíñas viron a luz cando decidiron montar unha banda de rock para ver se así chegaba algo de sexo ás súas tristes vidas. Apañando discos dos Suaves, Pixies ou The Clash da colección dos seus irmáns maiores, tentaron a nobre arte do plaxio “creando” súas propias cancións, inequívocas mostras de morro e torpeza. E coma quen fai un cesto fai cento, estes carallos revirados comezaron a dar concertos sen esquecer que o rock and roll, o de verdade, ten dous grandes segredos:

Pasar POUCO polo local de ensaio.

Dalo TODO fóra do escenario.

Barbit’uricos

Dito e feito. Entre copazos de Larios con cola e moito… moito vicio chungo, estes Barbitúricos labraron unha reputación de badulaques de tal caste que axiña no seu entorno comezaron a confundir as súas anécdotas con lendas friki-rockeiras dignas do mesmiño Popular 1. Esnaquizados os seus soños de estrelas de rock alternando xiras orxiásticas con esporádicos cambios de sangue en clínicas detox, afrontan a realidade , no que xogan ao sleaze rock de cascarrilla con wah-wah de purrela.

Algo máis serio e sesudo porá música na noite da Praza de Feixoo. Quarks son partículas que interaccionan. Unha tripulación dunha nave sen retorno, que explora sen fin o cosmos musical creativo comunicándose telepaticamente na linguaxe dos sons, viaxando por mundos descoñecidos, ou transformando os xa coñecidos… Enerxías, formas, orde e caos, rexen os destinos nesta viaxe.

A bordo desta nave están: Javier Constenla no piano, L.A.R. Legido a batería, Pablo Añòn ao saxoe  Iñigo Azurmendi ao contrabaixo.

Quarks

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial