Rois acolle un obradoiro de xestión de montes

0

Rois, 16 de outubro do 200 – O Auditorio de Rois acollerá o obradoiro, gratuíto, de xestión de montes “Gobernanza cooperativa nas comunidades de montes veciñais”.

O obradoiro de Rois desenvolverase entre os días 26 e 30 de outubro. O taller está organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).

A actividade constará de cinco xornadas temáticas, todas elas en horario de tarde (de 16.00 a 19.00 horas). A primeira, o luns día 26, versará sobre iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común, e correrá a cargo de Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

A gobernanza e a organización cooperativa das comunidades de montes centrarán a segunda das xornadas de Rois, mentres que o mércores se falará sobre a súa fiscalidade. A sesión do xoves ocuparase da titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común. Estas tres xornadas serán impartidas por membros do despacho de avogados Calixto Escariz.

Por último, un enxeñeiro de montes será quen se ocupe da última das xornadas formativas, dedicada aos instrumentos de ordenación ou xestión forestal que, por lei, todos os montes teñen a obriga de ter. O programa detallado do encontro pode consultarse neste enlace

A inscrición neste obradoiro é gratuíta. As persoas interesadas en asistir a Rois poden inscribirse chamando ao 981 584 783 ou ben neste enlace.

A actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo, impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e da economía social, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial