Rois abre un camiño para axilizar os trámites nas pequenas administración

0

Rois, 15 de outubro do 2020 – O concello de Rois e a empresa Audicon presentaron un proxecto que pode axilizar os trámites nos concellos pasando, en algúns casos de 3 horas a vinte minutos.

O concello de Rois serviu para testar os “robots” da empresa Compostela Audicon, encargados de axilizar as tarefas. Funcionan como un programa de ordenador replicando as tarefas que faría un funcionario pero moito máis rápido e sen erros.

De 8 horas a 20 minutos

Begoña Collazo, interventora do concello foi a encargada de explicar a implantación desta robotización no proceso de comunicación do orzamento anual do Concello ao Ministerio de Facenda, unha obriga legal que teñen todos os municipios. Este proceso leváballe á interventora unha media de oito horas (trátase de cubrir 12 formularios distintos na Oficina Virtual do Ministerio de Entidades Locais).

Rois abre un camiño para axilizar os trámites nas pequenas administraciónCo programa piloto aplicouse o RPA a cinco deses formularios, equivalentes a unhas tres horas de traballo da interventora. O desempeño foi realizado polo sistema en 20 minutos, o que supón arredor dunha décima parte do tempo dedicado pola interventora anteriormente, o que lle permitiu centrarse noutras tarefas de maior valor engadido.

Unha vantaxe nas administracións locais

O  Concello de Rois participou no primeiro ensaio piloto para probar esta tecnoloxía na súa administración e esta mañá o seu alcalde, Ramón Tojo, afirmou que a experiencia na automatización de procesos resultou sumamente útil para optimizar os escasos recursos humanos cos que contan as administracións locais.

Esta tecnoloxía informática de automatización de procesos de negocio denomínase  RPA (Robotic Process Automation) e utilízase para mecanizar e axilizar procesos administrativos repetitivos e, case sempre  tediosos, que ocupan moito tempo aos empregados públicos.

O sistema  RPA está a probarse tamén a nivel provincial na Deputación de Badajoz e os responsables de Audicon esperan poder ampliar a súa implantación a outros  concellos galegos e outro tipo de administracións públicas nos próximos meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial