Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde

0

Rois, 7 de agosto do 2019 – O Concello de Rois quere ordenar a numeración das vivendas na parroquia de Urdilde e propón tamén unha nova denominación para a maioría das rúas do núcleo da Calle.

Búscase facilitar a localización e simplificar a denominación nunha das zonas de máis crecemento do municipio como é a da Calle. Os veciños e todas as persoas interesadas poderán consultar o expediente ata o día 26 de agosto nas oficinas municipais.

Cambios núcleo La Calle en RoisPara este núcleo (popularmente coñecido como Urdilde), proponse o nome de rúa Compostela para o tramo urbano da estrada autonómica que comunica Santiago con Noia (AC-543). Rúa Carlos Villaverde é a proposta para denominar o vial que pasa polo centro de saúde e que logo comunica esta localidade coa capital municipio, rúa que leva o nome do que foi mestre e practicante en Urdilde durante moitos anos. Un traballo en pro da comunidade que xa se lle ten recoñecido cunha homenaxe e un busto no centro escolar. Outros dos nomes propostos son Camiño Real, rúa Campanario ou estrada de Negreira.

Tamén se reordena a numeración de todas as vivendas da parroquia de Urdilde, para simplificar a localización das mesmas, facilitando, entre outras cousas, o reparto de correspondencia e comunicacións cons veciños.

As persoas, empresas ou entidades interesadas poderán consultar o expediente destas novas denominación ata o día 26 de agosto tanto nas dependencias municipais (de 08.30 a 14.00 horas) de luns a venres, como na oficina municipal de Urdilde, os martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial