O campo de fútbol de Urdilde, en Rois, terá herba artificial

0

Rois, 23 de setembro do 2020 – O pleno municipal de Rois ven de aprobar, por unanimidade, a dotación de herba artificial ao campo de fútbol de Urdilde por un importe de 357.402 euros.

O concello publicará as bases e cláusulas do expediente e abrirase un período de 26 días para a presentación de propostas. A colocación de herba artificial en Urdilde foi incluída no POS+ 2020 da Deputación da Coruña.

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, mostrouse crítico co organismo provincial xa que consideraba que a obra era merecedora dunha subvención nominativa “o presidente da Deputación da Coruña díxonos que esta era a única vía, cando o normal sería que se incluíran estas obras nunha subvención nominativa. Noutros concellos a Deputación fixo campos de herba artificial sen metelos no POS, e a nós dinos que temos que metelo neste programa, que xa nos corresponde por lei”.

O campo de fútbol de Urdilde, en Rois, terá herba artificialO grupo socialista solicitou que se incluíran algunhas melloras no proxecto, como aseos públicos, cubrir todas as bancadas e colocar novo sistema de iluminación con torres de luces led, “pedíndolle axuda á Xunta de Galicia, para que invista tamén algo en Rois, e que non sexa só a Deputación quen apoie”.

Plan de emprego

Cos votos a favor de PP e PSdeG, e coa abstención do BNG, na sesión tamén se ratificaron as resolucións da alcaldía para aprobar o convenio cos concellos de Padrón, Dodro, Pontecesures e Valga para un novo Programa Integrado de Emprego e, ao mesmo tempo, solicitar o obradoiro de emprego de Garantía Xuvenil 2020.

A moción do BNG de Rois para solicitar melloras no protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 para o inicio do presente curso (reclamando máis profesores, persoal sanitario e menor ratio de alumnos por aula) foi rexeitada cos votos do PP (6 concelleiros), ao considerar que os protocolos da Xunta son axeitados. BNG (1) e PSdeG (3 concelleiros) votaron a favor.

Tamén foi rexeitada co mesmo resultado (6 votos en contra e 4 a favor) a moción do PSdeG para elaborar en Rois un catálogo de represaliados e vestixios da ditadura franquista, en cumprimento da Lei de memoria histórica. O equipo de goberno argumentou o seu voto en contra porque se está a tramitar unha nova lei, e quedan á espera do que ditamine a mesma.

O PP retirou a súa moción reclamando ao Goberno central que non se apropie dos recursos das entidades locais, tres ser rexeitado polo Congreso o decreto de remanentes dos concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial