Rois pide donacións para a familia a que se lle incendiou a casa no Porto

0

Rois, 9 de xaneiro do 2018 – O Concello de Rois abriu unha conta solidaria coa familia de Porto, na parroquia de Augasantas, á que se lle incendiou a casa o pasado domingo 17 de decembro.

Os concelleiros que participaron no pleno extraordinario celebrado o pasado 20 de decembro depositaron nesta conta a súa remuneración por asistir ao pleno e contribuir así a restauración da casa do Porto.

casa do portoO incendio da vivenda de Porto tivo lugar o 17 de decembro. As lapas calcinaron a cociña e dous cuartos do inmoble. Nos traballos de extinción do lume participaron os Bombeiros de Boiro, membros do GES de Padrón, a Garda Civil e Protección Civil de Rois. Unha fuga de gas nunha bombona de butano puido ser a causante deste voraz incendio que calcinou por completo a parte vella da casa, de madeira, e só deixou a salvo a estrutura da parte nova do inmoble.

O Concello de Rois agradece a colaboración e a solidariedade coa familia afectada. O número de conta no que facer os aportes solidarios é:

ABANCA (ROIS) ES49 2080 0328 9031 1000 0042.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial