Rois merca 5.000 pantallas protectoras para a veciñanza

0

Rois, 27 de abril do 2020 – O Concello de Rois acaba de adquirir 5.000 máscaras de protección a unha empresa local para entregarlle unha a cada veciño a partir de hoxe luns.

 

Persoal municipal preparou os lotes para repartir polas diferentes aldeas do municipio e facilitarlle a toda a veciñanza estas pantallas como unha nova medida de protección fronte ao Coronavirus

Estas máscaras de protección facial están fabricadas cun material chamado apet de 250 micras (como o utilizado en embalaxes alimentarios) que permiten una óptima visión ocular. O Concello agradece a disposición e axilidade da empresa Camilo Vilas para atender esta petición e entregar o material en pouco tempo.

Rois merca 5.000 pantallas protectoras para a veciñanzaDesde hoxe efectivos e Protección Civil, alcaldes de barrio e os celadores das diferentes aldeas do municipio comezarán o reparto para que cada veciño e veciña teña a súa disposición unha máscara de protección.

Desinfección

Dende o Concello de Rois queren tamén agradecer a implicación de Comercial Agroesparís e Seira Agroferal nas tarefas de desinfección que se están a facer no municipio.

Antonio Fariña e Óscar Carou ofreceron a súa maquinaria e man de obra para realizar a desinfección cunha solución de hipoclorito (facilitada polo concello) nos núcleos da zona de Urdilde e de Rois.

A maquinaria e persoal destas dúas empresas están desinfectando nas principais vías, centros de saúde, farmacias, entidades bancarias, edificios públicos, marquesiñas de autobuses e contedores do lixo tanto en Rois como en Urdilde.

Doazón de mil batas para persoal sanitario

A empresa Ana Muñiz de Dodro é unha das participantes na iniciativa para doar 1.000 batas aos tres concellos da comarca do Sar destinadas ao persoal sanitario e asistencial da comarca.

Nesta iniciativa conxunta de fabricación de batas participan a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime), a Universidade de Vigo, e as empresas Ana Muñiz, de Dodro; Coasa (Ourense), Transportes Dalot (Mos) e PinFactory (Vigo).

Os alcaldes de Rois, Padrón e Dodro recolleron o pasado xoves este material na sede da empresa Ana Muñiz. As batas están fabricadas cun material bicapa para cumprir cos requisitos para ser usadas por persoal sanitario.

Alimentos, material escolar e mascarillas.

Dende o Concello de Rois agradéceselle tamén a todas as empresas do municipio e da comarca, a colaboración que están a facer para mitigar os efectos da pandemia da COVID-19 doando alimentos, material escolar, produtos de hixiene ou confeccionando material de protección, como mascarillas.

O Estanco de Urdilde, AgroEsparís estiveron recollendo produtos de alimentación e material escolar doados pola veciñanza de Rois. Rodríguez & Rodríguez fixo unha doazón de material de protección para o concello, e Más que Mamás está a confeccionar mascarillas de protección co material facilitado polo concello.

Unha colaboración cidadá e empresarial que dende o goberno municipal se agradece a todas as persoas e empresas, porque serve para mitigar as consecuencias desta pandemia que estamos a vivir. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial