Edición Limitada, unha programación única no Pazo do Faramello

0

Rois, 31 de agosto do 2020 – O Pazo do Faramello acollerá o ciclo Edición Limitada dentro das actividades vinculadas ao Xacobeo.

O programa desenvolverase do 4 ao 27 de setembro. Edición Limitada é un proxecto multidisciplinar que levará ao Pazo do Faramello música, gastronomía e visitas guiadas.

Edición Limitada, unha programación única no Pazo do FaramelloMada Producións é o Pazo do Faramello son os responsables de esta iniciativa que conta co financiamento do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. En palabras do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, a idea é “unha das que máis nos interesou de todas as presentadas, xa que reúne diversas facetas nas que Galicia destaca”.

A presentación de Edición Limitada tivo lugar no restaurante A Horta do Obradoiro, en Compostela, que colabora co proxecto. Xunto a Valentín García participaron na rolda de prensa o cociñeiro Kike Piñeiro, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, a representante de Mada Producións, Inés Portela e o pianista e concertista da Edición Limitada 2020, Manuel Gutiérrez.

A sesión inaugural, do vindeiro venres día 4, correrá a cargo precisamente de Manuel Gutiérrez ás 19 horas cunha visita guiada ao dito Pazo prevista para as 18 horas. A seguinte cita terá lugar o domingo 20 de setembro por partida dobre. Pola mañá, ás 11 horas, poderase realizar unha visita ao Pazo para, ás 12, participar nun obradoiro de cociña impartido polos cociñeiros da Horta do Obradoiro Kike Piñeiro e Eloy Cancela. Xa á tarde, ás 18, de novo visita ao Pazo para ás 19 poder asistir ao concerto acústico de Germán Díaz e Benxamín Otero. Xa o domingo 27, ás 11, celebrarse unha visita guiada ao Pazo, de novo obradoiro de cociña ás 12 para, pola tarde, poder gozar co concerto acústico de Faia ás 19 horas coa visita prevista para as 18.

Os concertos gravaranse con multicámara para poder emitilos online posteriormente. Non será así nos obradoiros, “pero si van facilitar as receitas”, explicou Inés Portela.

Para poder asistir ás ditas programacións, é necesario escribir un correo electrónico a inesportela@madapro.gal ou chamar ao teléfono 690195217.

‘Edición Limitada’ é un proxecto organizado polo Pazo do Faramello e Mada Producións coa colaboración do Restaurante A Horta do Obradoiro, Bodegas y Viñedos Altos de Torona e o patrocinio do Concello de Rois, a Rede de Dinamización Lingüística, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial