A XII edición do Festival Espazos Sonoros pasará polo Pazo do Faramello

0

Rois, 23 de xullo do 2019 – O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación do festival Espazos Sonoros 2019, que celebrará do 1 de setembro ao 6 de outubro a súa duodécima edición.

A música, a arquitectura e a paisaxe son protagonistas deste ciclo Espazos Sonoros promovido pola Xunta de Galicia e que este ano ofrece achegarse a edificacións históricas dos concellos de Baiona Carballedo, Parada de Sil, Tui, Cee, Rois, Leiro e Becerreá, a través dunha programación musical que inclúe de xeito complementario andainas, visitas guiadas e obradoiros.

A igrexa de Santa Liberata, a de Santo Estevo de Chouzán, o mosteiro de Santa Cristina  de Ribas de Sil, a catedral de Tui, a capela do antigo colexio-instituto da Fundación Fernando Blanco, o pazo do Faramello, a igrexa de San Miguel de Lebosende e o mosteiro de Santa María de Penamaior, son os espazos patrimoniais, civís e relixiosos nos que se poderán escoitar agrupacións galegas e internacionais de estilos e procedencias diversas, como o grupo Cantaderas, que mestura música vocal da Idade Media con outras procedentes da tradición oral e que abrirá a programación o 1 de setembro.

Xunto con Cantaderas, o Dúo Fracanapa, Michael Schöch, Mateo Arnáiz, Rosalía Gómez lasheras, L’Unisoni e Capella des Ministrers son os artistas e agrupacións que forman parte do programa musical, que se mesturan cunha xornada en Santo Estevo de Chouzán, cun obradoiro de achegamento á música antiga, cunha visita guiada polo mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil e con roldas pola paisaxe organística galega entre outras actividades.

No acto de presentación da programación, que xa pode consultarse en http://www.espazossonoros.org, tamén participou a directora artística de Espazos Sonoros, Belén Bermejo, e, durante o transcurso do mesmo, Anxo M. Lorenzo referiuse ao ciclo como un evento consolidado no calendario cultural galego que renova a súa programación musical ofrecendo interesantes experiencias musicais.

Cita no Faramello

O domingo 29 de setembro a cita pasa polo Pazo do Faramello, en Rois. Ademais dunha visita guiada a partir das cinco da tarde, as sete actuará a compostelá Rosalía Gómez Lasheras. Trátase dunha novísima intérprete de piano amplamente eloxiada, tanto pola crítica como por importantes personalidades do mundo da música, pola súa sobresaínte madurez artística. Na actualidade, está a desenvolver unha intensa carreira concertística ao longo de escenarios de España, Holanda, Austria, Francia, Portugal, Bélxica, Suíza, Alemaña, Rusia, Exipto ou Estados Unidos, logo de ampliar os seus estudos en Holanda e Suíza. Paralelamente á súa formación como pianista, especializouse en música antiga, estudando clave e fortepiano, na Schola Cantorum Basilensis.

Nesta ocasión, a pianista ofrecerá un íntimo recital para fortepiano nun exemplar da súa propiedade, orixinal de 1805, que será instalado no Pazo do Faramello, e no que interpretará un repertorio clásico de finais do século XVIII e comezos do XIX, un feixe de obras de autores que compuxeron, como era natural na altura, para fortepiano: Haydn, Clementi e Beethoven. Será unha maneira de trasladarse ao ambiente das veladas que, nos salóns palacianos galegos decimonónicos, puideron ter lugar en noitiñas de outono coma esta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial