Rois inaugura o sendeiro das Penicias

0

Rois, 20 de maio do 2018 –  Máis de 170 persoas de todas as idades, algunhas acompañadas polas súas mascotas, inauguraron o sendeiro das Penicias de Rois, na primeira andaina que organiza o Concello con motivo das festas de San Isidro.

As dez da mañá, despois de recoller os seus dorsais, tomaban a saída no campo da festa máis de 170 camiñantes, nenos, pais, avós, ata o alcalde, se animaron a poñerse as zapatillas para coñecer e inaugurar este sendeiro que habilitou o concello paralelo ao río Ríos que está cheo de penedos, de aí o seu nome: sendeiro das Penicias. A lenda asegura que este camiño pasa pola finca na que naceu San Mamede. En total, nove quilómetros de percorrido por uns paraxes que causaron admiración en moitos dos participantes. Membros de Protección Civil encargáronse das labores de apoio, sinalando por onde transcorría a ruta e, outros, dándolle auga aos camiñantes.

E mentres uns inauguraban o sendeiro, outros acudían ao campo da feira para analizar polo miudo os 46 postos artesáns nos que se podía a topar de todo, dende prantas, ata roupa, xoias, comida, bebida e unha ampla variedade. Ata a Xunta de Galicia se animou a montar un posto para animar aos visitantes a “reciclar con xeito”.

E ao lado da dobre carpa que acollía a mostra de artesanía podíanse ver animais de diferentes razas autóctonas galegas. Alí había porcos de raza celta, da asociación Asosporcel, ou galiñas de Mos, que aportaba Avimos, ata vacas, burros, pavos, cabras, ovellas. Máis de seis razas diferentes que eran contemplados polos visitantes que se achegaron hoxe ata Rois. A exposición de maquinaria agrícola completaba esta ampla oferta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies