Rois programa cinco novos obradoiros formativos

0

Rois, 2 de setembro do 2017 – O Concello de Rois acaba de facer público o programa formativo Mocidade Creativa, no que oferta cinco novos obradoiros para mozos de idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.

cartaz dos obradoiros

cartaz dos obradoiros

En Mocidade Creativa ofértase Nocións de Primeiros Auxilios, no que as persoas que se inscriban aprenderán os fundamentos básicos e as técnicas para tratar sobre todo a un menor accidentado. Outra da actividades formativas programadas é Iniciación á globoflexia, na que se aprenderá a traballar con globos para motivar a atención, a imaxinación, a comunicación e a capacidade de expresión. Outro dos obradoiros é o de Manualidades Creativa, na que as persoas interesadas aprenderán técnicas e habilidades relacionadas coa plástica desde un punto de vista creador e de reciclaxe e reutilización de materiais.

Aprender a poñer en práctica a risa como instrumento para fomentar toda a positividade dos participantes e como beneficio psicolóxico e físico ao mesmo tempo é o que se traballarán no obradoiro formativo de Risoterapia. E a última das actividades formativas para mozos de 14 a 30 anos é a de Cociña Creativa, na que se lle darán aos participantes todas as ferramentas necesarias para lograr espertar a curiosidade pola cociña a posibilidade de descubrir as texturas, os sabores e os procesos dos alimentos.

Os obradoiros, organizados polo Concello de Rois e financiadas pola Consellería de Política Social e a Dirección Xeral de Xuventude, teñen unha duración de 12 horas cada un e desenvolveranse os venres pola tarde e os sábados todo o día durante os meses de setembro e outubro. A data límite para anotarse é o vindeiro 11 de setembro. Todas estas actividades son de balde e contan con límite de prazas.

As persoas interesadas poden anotarse chamando ao teléfono 981 816 061 ou no seguinte enderezo electrónico concelloderois@gmail.com

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies