Rois municipalizará o servizo de axuda no fogar

0

Rois, 5 de maio do 2020 – O primeiro pleno telemático da historia de Rois deixa a nova de que o concello municipalizará o servizo de axuda no fogar.

O confirmou o alcalde, Ramón Tojo, en resposta a unha pregunta socialista. O goberno local xa mantivo contactos coas traballadores e cos representantes sindicais para analizar o proceso. O servizo de axuda no fogar depende na actualidade dunha empresa externa.

Subrogación

Según Tojo “dende o Concello teremos que asumir, cos mesmos horarios que ven mantendo actualmente, ao persoal da empresa que está a prestar servizos en Rois. Seguiremos avanzando nesta liña, pois tanto traballadores como sindicatos viron ben a nosa decisión”.

O rexedor explicou tamén que mentres estivo aberto o procedemento de adxudicación do concurso non se podía pagar. Unha vez rematado, o concello pagou todas as facturas pendentes e unha vez que remate o estado de alarma e se normalice a situación “imos manter unha reunión coa empresa para municipalizar o servizo”.

 

Control do aire

A moción presentada polo PSdeG-PSOE solicitando a colocación de tres medidores fixos da calidade do aire no val de Rois, nas parroquias de Rois e Oín, para analizar a posible contaminación procedente de Destilerías Compostela, foi rexeitada cos votos en contra do equipo de goberno (7), votando a favor os socialistas (3) e BNG (1).

Neste punto, o alcalde explicou que xa se mantiveran diversas reunións coa Consellería de Medio Ambiente, as que asistiron veciños, representantes da empresa e do Concello. Tojo leu unha respostas remitida dende a propia Consellería na que se informa de que non é posible nestes intres colocar os tres medidores que pedían os socialistas.

Dende a Consellería de Medio Ambiente sinalan que a solución do problema pasa pola implantación de melloras técnicas nas instalacións, polo que se pediu á empresa que informase sobre a viabilidade económica e técnica para implantar estas medidas. Como a empresa presentou recursos de reposición e alzada contra a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, hai que resolver primeiro estes antes de avanzar.

Segundo o departamento autonómico, en caso de que se considere necesario, solicitaráselle a Destilerías Compostela a instalacións dos puntos de medición de aire que se consideren necesario. Os resultados destas medicións faríanse públicos coa mesma frecuencia que o resto de estacións da Rede de Calidade do Aire de Galicia.

Como hai que ter en conta parámetros técnicos para a colocación destes puntos de medicións, e tendo en conta a lexislación vixente e a normativa técnica aplicable , dende a Consellería consideran que resulta inviable instalar as 3 estacións de medida fixa tal e como solicitaba o Partido Socialista de Rois.

Sen medidas económicas desde o concello

Sobre as medidas de recuperación económica promovidas dende o Concello, que pedían os socialistas, o alcalde respondeu que primeiro é necesario coñecer as condicións que estableza o Goberno central para a volta á normalidade e que medidas económicas vai adoptar. Tojo destacou que dende a Xunta xa se habilitaron diferentes liñas de axuda para autónomos e pemes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial