займ срочно

Rois entrega os  premios do concurso de postais e de contos de Nadal

0

Rois, 31 de decembro do 2020 – O alcalde de Rois entregou os premios do concurso de postais e de contos de Nadal que organizou o Concello.

O certame de postais de Rois recibiu 150 propostas conseguindo un récord de participación. Anxo Fabeiro Domínguez, alumno de 3º de Infantil na Galiña Azul; Xiao Miguéns Castro, que cursa 5º de infantil no CPI Os Dices; Lía Seco Ares, estudante de 2º de primaria no CEIP O Pumar de Urdilde; Carla Becerra Vaamonde, alumna de 3º de primaria tamén no Pumar; e Uxía Fabeiro Vázquez, de 5º de primaria do mesmo centro, levaron os cinco premios nas súas respectivas categorías.

A imaxe de Lía Seco foi a elixida polo xurado como felicitación oficial do Concello, polo que a recibiron en todos os fogares de Rois. Na entrega de premios, no auditorio municipal, só estiveron presentes os gañadores e as súas familias. O resto de participantes recibirán o seu diploma cando comece o curso escolar.

Contos de Nadal

Polo que respecta á primeira edición do concurso de contos de Nadal entregáronse os premios das seis categorías. Na modalidade escrita, en categoría C, o mellor conto foi o de Lara Rodríguez Osorio, que estuda 1º de Primaria no CPI Os Dices. Abril Souto Martínez, de 6º de Primaria, foi o gañador na categoría  E.

Na modalidade oral, as aulas de 5º e 6º de educación Infantil do CEIP O Pumar de Urdilde foron as gañadoras da categoría B. A aula de 2º de Primaria do colexio de Urdilde tamén gañou na categoría C. No colexio de Urdilde quedaron ademais os premios das outras dúas categorías, un deles para a aula de 4º de Primaria; e na categoría E, as gañadoras foron Rocío López, Nerea González e Sabela Becerra, que estudan sexto de Primaria en Urdilde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies