Rois prepara xa o programa Divernadal

0

Rois, 28 de novembro do 2018 – O Concello de Rois presentou a súa programación de conciliación e ocio para as festas de Nadal, que inclúe o Divernadal, con obradoiros e saídas ao cine e á pista de xeo; un concerto da Escola Municipal de Música; a cabalgata dos Reis Magos e un mercado solidario.

O Divernadal busca conciliar a vida laboral e familiar ao tempo que ofrecer un espazo de ocio para os máis pequenos durante as vacacións de inverno. Así, os obradoiros desenvólvense en dúas quendas, a primeira en Rois (do 26 ao 28 de decembro) e a segunda en Urdilde (do 2 ao 4 de xaneiro). En ambos os dous casos, o horario vai das 9.30 ás 14.30 h. Esta actividade vai destinada a nenos e nenas a partir de 4º de Infantil. As inscricións deben realizarse no Concello de Rois ou no edificio multiusos entre o luns 26 de novembro e o luns 10 de decembro.

O prezo é de 20€ por semana sen autobús e 25€ con autobús. A maiores, hai un servizo de amencer que vai das 7.30 ás 9.30 h. e custa 5€ por semana. No que se refire ás saídas, tanto ao cine o 27 de decembro como á pista de xeo o 2 de xaneiro, poden asistir nenos e nenas a partir de 1º de Primaria e valen 10€ cada unha. Aqueles que participen nas dúas quendas do Divernadal beneficiaranse dun desconto (35€ sen bus e 45€ con bus). Tamén se aplicará unha rebaixa nos prezos dun 20% para segundo/a irmán/á, menores con discapacidade, familias nas que os pais estean divorciados e familias numerosas.

O programa cultural abrirase cun concerto de Nadal a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música de Rois, que terá lugar o sábado 22 de decembro no auditorio municipal. No que se refire ao mercado solidario, realizarase unha recollida de xoguetes e de libros, que poderán depositarse no Concello, no edificio multiusos e nos centros educativos de Rois do 1 ao 15 de decembro. Por último, a cabalgata dos Reis Magos porá o broche de ouro deste programa festivo o sábado 5 de xaneiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial