pere Tobaruela, de Xente de Rois, quere que o concello se sume a campaña En Negro contra a Violencia

0

Rois, 24 de agosto do 2017 – O edil de Xente de Rois, Pere Tobaruela, presentou unha moción para demandar, no próximo Pleno Ordinario de Rois do 4 se setembro, que o municipio se sume á campaña “Concellos en negro contra a violencia de xénero”,

Xente de Rois explica que a violencia machista é unha lacra, unha lacra que tamén existe nos pequenos concellos, aínda que dun xeito máis oculto, por iso é importante lanzar campañas para visibilizala, como a campaña que se alude nesta moción. Pere Tobaruela defende que  “Cremos que é importante que desde os municipios nos involucremos e nos posicionemos contra a violencia machista”.

Como se pode comprobar na web ennegrocontraaviolencia.gal, hai máis dunha cincuentena de municipios galegos que amosan o seu interese por esta campaña, centrada en espallar a mensaxe contra as agresións de xénero, ou sexa, promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía cara a violencia machista e Xente de Rois pide agora que o concello tamén se sume.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies