A Romaría da Rosquilla de Abades cumpre 32 anos

0

Silleda, 24 de marzo do 2018 – A parroquia silledense de Abades celebrará o vindeiro día 1 de abril, domingo de Pascua, unha nova edición da Romaría da Rosquilla, que será a número 32.

A Romaría da Rosquilla está organizada pola Asociación de Veciños A Costa e a Asociación de Mulleres Rurais de Abades. Como preliminar esta tarde, as catro, terá lugar un obradoiro de elaboración de rosquillas no que se amosará a todas as persoas que o desexen cómo elaborar este postre.

A 32 edición da festa foi presentada polos membros da organización nun acto que contou coa asistencia do alcalde, Manuel Cuiña, o deputado provincial David Regades, e membros do grupo de goberno municipal. A festa comezará co pasarrúas a cargo da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira e ás 11:30 terá lugar a  misa, cantada polo Coro de Ponteledesma. Despois, sobre as 12:45 horas, dará comezo a degustación, entrega de premios (tres premios ás máis sabedeiras e un ó bolo máis orixinal) e a xa tradicional subasta dos bolos de rosquillas, que nos últimos anos veñen destacando polas orixinais creacións dos autores e colectivos que presentan os seus postres.  Tamén haberá degustación e venda de bolos para todos aqueles que o desexen. O concerto da Banda da Bandeira e do grupo de música tradicional Ghazafellos completará a xornada matinal. Pola tarde actuará o Dúo Punto Zero.

Haberá unha carpa con canon de calor onde se celebrará o xantar servido pola Pulpería Crisóstimo. As persoas que desexen xantar poden facer reserva (cun menú de pulpo, churrasco, postre e facer cun precio de 22 euros) chamando aos teléfonos 629256584; 610580344 ou á Pulperia Crisóstimo 986 589342.

O alcalde, Manuel Cuiña, destacou o traballo realizado polos veciños e veciñas de Abades “que ano a ano seguen esforzándose por manter unha das tradicións gastronómicas con máis historia do noso municipio”. Pola súa banda, dende a organización os veciños e veciñas de Abades  agradeceron a colaboración do Concello de Silleda coa celebración na que se agarda de novo seguir batendo récords de participación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial