Hoxe celébrase a Romaría das Virtudes en Vitre, Frades

0

Frades, 2 de setembro do 2017 – Xa está todo listo na parroquia de Vitre (Frades) para acoller a milleiros de persoas, chegados non só da comarca de Ordes senón de toda a xeografía galega, para participar na Romaría das Virtudes, que terá lugar hoxe sábado 2 de setembro e coa que colabora o Concello de Frades.

Imaxe da edición do 2016 da romaría das Virtudes

Imaxe da edición do 2016 da romaría das Virtudes

A Romaría das Virtudes é unha festa de forte arraigo na zona e á que acoden numerosas familias, peñas e grupos de amigos con xantar, que traen da casa ou mesmo preparan no campo.

A comisión de festas xa ten reservadas todas as mesas, barbacoas e diversos espazos das parcelas dispoñibles, que nalgúns casos xa están acoutados dende hai varias semanas. As misas celebraranse na capela das Virtudes ás 11:00 horas e ás 12:00 horas. A misa solemne está prevista para as 13:00 horas, momento no que terá lugar a procesión coa imaxe da santa desde a capela ata o cruceiro, atravesando todo o campo da festa.

 Durante a mañá actuará a charanga Ruada e despois dos actos relixiosos comezará a sesión vermú coa orquestra “D´Tacón” e o dúo “La Hora Bruja”, que tamén protagonizarán a verbena nocturna. A sesión da noite atrae a centos de persoas de toda a contorna, que se suman aos milleiros que xa pasan alí toda a xornada, prolongando desta maneira a romaría ata a madrugada.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies