Máis de 4.000 persoas na Romaría das Virtudes en Frades

0

Frades, 2 de setembro do 2017 –  Máis de 4.000 persoas participaron onte na tradicional Romaría das Virtudes, que se celebra na parroquia de Vitre (Frades).

O bo tempo animou a que ata Vitre se achegaran milleiros de persoas tanto dos municipios da comarca, como doutros concellos achegados e en xeral de toda a provincia.

As 220 parcelas delimitadas para o xantar de familias, peñas e grupos de amigos xa estaban reservadas dende hai días. Aínda así, foron moitos os grupos de amigos que acudiron aos tradicionais xantares de campo sen reserva e montaron as súas tendas e casetas nas explanadas achegadas ao campo da festa. Así as cousas, dende a organización calculan que se celebraron unhas trescentas festas, cunha media de ocupantes de quince persoas, se ben moitas chegaban ata o medio cento de comensais.

As celebracións relixiosas comezaron na capela das Virtudes ás 11 e ás 12 da mañá, tendo lugar a misa solemne ás 13:00 horas. Unha misa que se alongou ata preto das 15:00 horas, o que atrasou case unha hora a tradicional procesión da imaxe da Virxe polo campo da festa, percorrendo o camiño entre a capela e o cruceiro. A música correu un ano máis da man da charanga Ruada, mentres que a orquestra D´Tacón e o dúo “La hora bruja” encargáronse tanto da sesión vermú como a verbena da noite, que foi moi concorrida.

Dende o Concello de Frades agradecen a colaboración de Protección Civil de Ordes, Ambulancias Nordés e todas as persoas e entidades que colaboraron na celebración  desta edición da Festa das Virtudes de Vitre.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies