A Romaría das Virtudes reúne a máis de 5.000 persoas en Vitre, Frades

0

Frades, 2 de setembro do 2018 –  Máis de 5.000 persoas de toda a provincia, segundo estimacións da Asociación San Xoán de Vitre, participaron na tradicional Romaría das Virtudes, que se celebra na parroquia de Vitre (Frades).

O bo tempo animou a que ata Vitre se achegara “moita máis xente co ano pasado, pois non só está moitísima xente de Frades, Curtis ou Ordes, tamén hai moita de Carballo, Muros, Ferrol… de toda a provincia”, explica Jesús Vázquez, presidente da asociación.

Este ano habilitáronse tamén máis parcelas para o xantar de familias, peñas e grupos de amigos. En total, preto de cincocentas, que xa estaban reservadas dende hai varios días. Uns xantares formados por grupos de entre dez e vinte persoas, se ben había algunhas que superaban o medio cento de comensais.

Aínda así, foron moitos os grupos de amigos que acudiron aos tradicionais xantares de campo sen reserva e montaron as súas tendas e casetas nas explanadas próximas ao campo da festa, a carón dos seus vehículos ou simplemente desfrutaron dun xantar na polbeira.

As celebracións relixiosas comezaron na capela das Virtudes ás 11 e ás 12 da mañá, tendo lugar a misa solemne ás 13:00 horas. Unha misa que este ano cumpriu co horario previsto e a tradicional procesión da imaxe da Virxe e do San Xoán polo campo da festa, percorrendo o camiño entre a capela e o cruceiro, saíu en tempo.

Novidade: pasar baixo a santa

Como novidade, este ano foron case un cento de persoas as que pasaron por debaixo da imaxe da Virxe das Virtudes. Un costume iniciado hai un par de anos por apenas unha ducia de persoas pero que este ano foi seguido por gran cantidade de fieis, xa que este ano as imaxes saíron pola porta lateral (máis grande) polo que non pasaron por riba destes fieis que estaban na capela. Unha capela ateigada de xente pois, aínda que por primeira vez se habilitou un coro, houbo case medio cento de persoas que tivo que seguir a misa dende fóra e  polos altofalantes.

A música correu da man da charanga Os Celtas, mentres que a orquestra Israel encargouse da sesión vermú. Pola tarde, Os Celtas volverán tocar canda a Charanga Os Jalácticos; mentres que a orquestra Israel e o dúo “La hora bruja” encargaranse da verbena desta noite, que se agarda moi concorrida.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece a colaboración de Protección Civil de Ordes-Frades, Ambulancias Nordés e todas as persoas e entidades que colaboraron na celebración  desta edición da Festa das Virtudes de Vitre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial