Romeo e Xulieta, este domingo en Ordes

0

Ordes, 27 de xuño do 2019 – A axenda para a fin de semana en Ordes conta cun espectáculo de grande interese, a obra teatral Romeo e Xulieta na versión de Pablo Meixe.

Romero e Xulieta representarase o domingo no auditorio da Casa da Cultura a partir das 20.30 horas e a entrada será de balde para as persoas que desexen acudir.

cartel de Romeo e XulietaA obra é unha adaptación do texto de William Shakespeare a cargo do actor local Pablo Meixe, quen tamén a dirixe. “Mantense a esencia orixinal do texto, pero dulcificando o final, facéndoo máis accesible para calquera tipo de público ao reducirlle o ton tráxico visto ata o de agora”.

Estará interpretada polos alumnos e alumnas das clases de teatro financiadas polo Concello de Ordes. Concretamente trátase de Laura Grela, Miguel Seoane, Pablo Suárez, Fátima Rodríguez, Ana Rodríguez, Sara Rebeca Otero, Uxía Iglesias, Xurxo Romero, Aira Portos, Alba Veiga e Lucas Morán.

Entre as entidades colaboradoras para esta posta en escena figuran o Concello de Ordes, o punto limpo de Ordes e o Museo do Traxe Juanjo Liñares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial