займ срочно

Rosa Crujeiras, nova vicerreitora de Comunicación e Coordinación da USC

0

Compostela, 1 de xuño do 2017 –  A profesora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización Rosa Crujeiras Casais é dende onte a nova vicerreitora de Comunicación e Coordinación en substitución de Xosé Pereira, que cesa no cargo a petición propia

A nova vicerreitora, que era ata agora adxunta á mesma  Vicerreitoría, obtivo o seu doutoramento en Matemáticas en xaneiro de 2007 e foi investigadora postdoutoral no Instituto de Estatística da Universidade Católica de Louvain (Bélxica).

Dende outubro de 2010 ata xuño de 2013 Rosa Crujeiras foi secretaria do Instituto de Matemáticas da USC e dende 2013 ata xaneiro de 2015 ocupou o posto de vicedecana da Facultade de Matemáticas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies