Houbo un tempo no que poucos lembraban a Rosalía de Castro, no que a atención poñíase en alturas pouco acostumadas a escribir en galego e sobre Galicia. Pero os tempos mudan e cada ano os actos en homenaxe a poetisa medran, igual que o seu coñecemento e o respeto pola súa obra.

Rosalía recibe cada ano un ramo na estatua que desde 1917 ten na Alameda de Compostela. Alí estiveron, entre outros, os alcaldes de Brión, José Luís García e Ames, José Miñones, a concelleira amiense Isabel cancela, as de Compostela Branca Novoneyra e Marta Lois, o presidente da Fundación Casa de Rosalía, Anxo Angueira, o Director Xeral de Política Lingüística Valentín García… e moitos máis.

Unha rendida ofrenda na que, por segundo ano consecutivo, faltou o alcalde de Padrón que por motivos descoñecidos preferiu ir directamente ao acto na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Alí, comezou lembrando Anxo Angueira, hai 181 anos chegaba Rosalía para ser bautizada. Despois moitos dos invitados foron subindo a ler poemas da padronesa.

No Panteón de Galegos Ilustres tiña lugar o outro acto que se repite cada ano, o da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Unidos no tempo coa poetisa polo oficio ao que pertencen. Un ramo ante a tumba, música e a lectura dun manifesto é o xeito no que os escritores lembran a unha das súas.

E moito máis e cada ano mellor

A Fundación Rosalía de Castro iniciou no 2017 e costume de ofrecer un Caldo de Gloria, como o que se describe no poema “mila casiña, meu lar” e invitar aos hosteleiros de toda a Galicia a facer o mesmo. Na casa natal da poetisa Pepe Solla foi o encargado de cociñalo

Tamén en Padrón estreouse a curtametraxe Caldo de Gloria, no que mulleres que lembran o que foron certos tempos contan como se facía un caldo así, casi da nada


O Conselleiro de Cultura, Román Rodriguez pasou pola Casa de Rosalía e quixo plantar una Camelia en lembranza da padronesa

Brión optou por acudir a un lugar emblemático da obra rosaliana, Bastavales e as súas campás. Alí unha visita teatralizada lembrou a autora

E ainda que tiveron lugar moitas máis iniciativas como os Café con verso de Ames, os pasos de peóns pintados, as homenaxes musicais… quedámonos co agasallo que estes días Rois tivo cos seus veciños, unha cunca para tomar o caldo, esperemos que non voltemos aos tempos dos que fala Rosalía na súa obra pero, en calquera caso, non debemos esquencelos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial