займ срочно

A IV Ruta Rosaliana reuniu a un centenar de corredores en Padrón

0

Padrón, 29 de marzo do 2017 – Éxito de participación na IV Ruta Rosaliana organizada este fin de semana polo Club Ciclista Padronés. Á cita acudiron un centenar de corredores de categoría Master para completar o circuíto de 75  quilómetros entre Campo do Souto e o Monte Santiaguiño.

O vencedor da proba de Padrón foi Rubén Fernández (Noriver Cycling Team) de categoría Master 30. Severino Mata (Código Atlántico G.C) conseguiu o primeiro posto en Master 40 e Gonzalo Aguiar en Master 50.

Martín Rey, bronce en “Cidade  dá Trofa”

As categorías inferiores do Cortizo-Anova, excepto os xuvenís, viaxaron o domingo a terras lusas para disputar a terceira edición do Circuíto de Ciclismo “Cidade dá Trofa”. O equipo xuvenil competía nesta ocasión en Sigüeiro con categoría Master.

Martín Rey (infantil) subiuse ao caixón para recibir a medalla de bronce na proba portuguesa. En categoría cadete, Miguel Mera unha vez máis sobresaíu do pelotón conseguindo escapar durante gran parte do percorrido, aínda que un rebentón na última volta fíxolle perder o primeiro posto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies