займ срочно

Rosalías da Vida, a poetisa na loita contra o cancro

0

Bisbarra, 21 de marzo do 2018 – Os concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago crean o evento Rosalías da vida, unha acción para visibilizar o Día Mundial da prevención do cancro uterino que se celebra o próximo dia 26.

cartaz Rosalías da vidaRosalías da vida desenvolverase na casa natal da poetisa en Padrón. Haberá dúas visitas teatralizadas as seis e sete da tarde para as que xa se poden anotar, os que o desexen, no teléfono 646593319 ou no enderezo de correo electrónico turismo@padron.gal. Ás 20:00 horas terá lugar unha mesa redonda na que participarán varias mulleres, identificadas como as Rosalías da vida, que falarán das súas experiencias e vivencias persoais de superación ante diferentes adversidades que se presentaron nas súas vidas. A actividade realizarase no auditorio da propia Casa Museo de Rosalía e estará aberta ao público ata completar aforo.

Rosalía e o cancro

O motivo de elixir o Día Mundial da prevención do cancro de útero, o 26 de marzo, é que foi precisamente desta enfermidade da que faleceu Rosalía de Castro, o 15 de xullo de 1885 aos 48 anos de idade. O obxectivo que se pretende acadar é achegar a  parte máis humana, persoal e descoñecida da vida de Rosalía de Castro, así como reivindicar a súa vixencia como unha muller forte e loitadora que se revelou contra as inxustizas e dificultades que todo ser humano pasa nalgún momento da súa vida, especialmente no caso das mulleres.  Ademais deste evento mañá mércores os alcaldes,  concelleiras e concelleiros dos catro concellos reuniranse coa directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava  Castro. Posteriormente, terá lugar unha rolda de prensa conxunta no Concello de Santiago co fin de presentar aos medios a ruta As Pegadas de Rosalía en Galicia, tras o éxito acadado en Madrid o pasado 19 de xaneiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur). Así mesmo, este día tamén se presentarán varios eventos e actividades que se van desenvolver de forma conxunta e anunciarase a integración do Concello de Santiago no proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies