Roteiro circular este sábado polo río Vilacoba en Lousame

0

Lousame, 23 de maio do 2019 – Galicia Senderismo, en colaboración co Concello de Lousame, organiza este sábado 25 de maio unha nova edición da ruta de sendeirismo polo Río Vilacoba.

O pasado mes de abril organizábase un percorrido polo Vilacoba cun éxito de participación que obrigaba a esta nova andaina. Un roteiro que transcurre entre muíños, pozas e antigas fábricas de papel do municipio lousamiá.

A ruta ten unha dificultade media e, pola súa lonxitude (20 kilómetros) está recomendada para persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 70 anos. As persoas que desexen participar deberán formalizar a súa inscrición na web www.galiciasenderismo.com antes das 17:00 horas deste venres 24 de maio. O prezo é de 12 euros por persoa (participantes non federados) e 10 euros (federados), que inclúe seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes (para as persoas non federadas).

Percorrido

Os sendeiristas sairán ás 10:15 horas do sábado 25 de abril da Tapería A Do Panadeiro (Sanguiñal – Tállara) para percorrer un roteiro circular con chegada aproximada ás 18:00 horas. “Seguindo os cauces dos ríos Vilacoba e San Xusto, adentrarémonos nunha exuberante vexetación de bosque de ribeira salpicada por pozas, fervenzas e praias fluviais. Entre antigas aldeas, muíños restaurados e pontes medievais podermos coñecer tamén como funcionaban as catro antigas fábricas de papel de Lousame”, explica Sindo Gandarela, presidente de Galicia Senderismo.

Os camiñantes poderán visitar tamén os petroglifos de Lesende, da Idade de Bronce, e ascenderán ata o monte Culou para gozar dunhas excelentes vistas da Ría de Muros Noia. A ruta estará guiada por Germán Romero Iglesias, técnico de Deportes do Concello de Lousame, e Juan Sicolo, técnico en actividades físico-deportivas no medio natural; e contará coas explicacións de María Teresa Sobradelo Creo, licenciada en Xeografía e traballadora do Concello de Lousame, sobre a historia das papeleiras e das distintas construcións que se atoparán durante o traxecto.

Galicia Sendeirismo recomenda levar roupa de deporte cómoda e axeitada, botas de montaña con sola grosa e antideslizante, bastones, mochila co equipo preciso, así como auga e xantar (snacks, froita e bocadillos para xantar na metada da ruta). Así mesmo, aquelas persoas que queiran compartir vehículo para o desprazamento á ruta poden solicitalo a través do evento creado en Facebook por Galicia Senderismo e compartido polo Concello de Lousame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial