O Roteiro do Tambre na Baña contou con 25 participantes

0

A Baña. 21 de agosto do 2017 – O Roteiro do Tambre, organizado pola Axencia de Desenvolvemento Local da Baña, contou cun total de 25 persoas participantes procedentes non só da Baña, senón tamén de municipios limítrofes como Negreira ou Ames.

A Roteiro do Tambre iniciouse na área recreativa de Fiopáns, dende onde parte este sendeiro que percorre preto de seis quilómetros pegados á beira do río que pasa polo municipio da Baña.

Ao longo do percorrido, que transcorreu sen ningunha incidencia, as persoas participantes puideron gozar da flora e da fauna de ribeira, mergullarse nunha paraxe de incomparable beleza, descubrir recunchos do río escondidos e idílicos e gozar da natureza en toda a súa plenitude. Parte do roteiro pasa pola marxe contraria á praia fluvial de Tapia, ateigada este venres de xente disposta a refrescarse e na que tamén se estaba a facer piragüismo.

A andaina, que tivo unha duración de preto de dúas horas, terminaba en Troitosende desde onde voltouse a Fiopáns en microbús.

Dende o Concello da Baña aproveitouse a ocasión para lembrar que o vindeiro 23 de setembro realizaráse a segunda etapa do antigo Camiño de Santiago cara Muxía-Fisterra por Brandomil ao seu paso por A Baña. O percorrido é de preto de seis quilómetros e os intersados poden anotarse na Axencia de Desenvolmento Local da Baña ou chamando aos teléfonos 981 886 777/ 981 886 501. Estase perfilando os últimos flecos deste novo roteiro que se publicitará en breve.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies