Lectura de etiquetas e roteiro polas Brañas do Sar na programación do CIAC en setembro

0

Compostela, 21 de agosto do 2017 –  O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) realizará no mes de setembro un obradoiro para a lectura de etiquetados e un roteiro interpretativo polas Brañas do Sar.

O CIAC celebrará o 2 de setembro, ás 12:00 horas, un obradoiro para a interpretación do etiquetado nos produtos de consumo. O obxectivo desta actividade é conseguir que as persoas poidan entender as etiquetas. Isto permitirá coñecer o significado de selos, certificados e aditivos.

Tamén se achegará información sobre circuítos de comercialización curta en Galicia. Ademais, falarase das experiencias que os sustentan e do seu baixo impacto ambiental e o seu valor social e ecolóxico.

É de balde, pero é preciso inscribirse, a través do teléfono 981 543 145 ou da dirección de correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal.

Roteiro

Neste mes de setembro tamén hai unha nova oportunidade para coñecer o privilexiado entorno natural de Santiago. Será a través dun roteiro polas Brañas do Sar, que destacan polo seu valor ecolóxico. Os participantes seguirán o percorrido da auga dende as Brañas ata o río Sar. Así poderán coñecer os valores naturais do río, os seus usos tradicionais e outras curosidades das Brañas.

A actividade está dirixida a todos os públicos (nenos a partir de 10 anos). É necesario inscribirse previamente no teléfono ou enderezo electrónico indicados para a actividade anterior.

CIAC

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela está localizado no parque de Belvis, no edificio dun antigo curtidoiro. O CIAC quere ser un espazo aberto á participación ambiental da cidadanía e conta con recursos didácticos e actividades que axudan a comprender mellor a relación entre a cidade e o seu medio ambiente.

O CIAC está aberto para público xeral os mércores, xoves e venres de 11:00 a 14:00 horas. Os sábados abre de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas. Pola semana realízanse visitas guiadas a grupos de máis de 10 persoas, previa reserva (chamando ao 981 543 145).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial