Fomento construirá unha rotonda de acceso a carballeira de Francos en Teo

0

Teo, 22 de marzo do 2018 – O Ministerio de Fomento, a través da Demarcación de Carreteras na Coruña, vén de confirmarlle ao Concello de Teo que nos vindeiros meses se construirá a rotonda no cruce do Espiño que da acceso a carballeira de Francos.

O cruce do Espiño, que da acceso a carballeira de Francos, ten na actualidade un cruce en forma de raqueta que presenta evidentes riscos para a seguridade viaria, sobre todo no caso dos peóns. O cruce está situado na N-550 responsabilidade do Ministerio de Fomento que hai meses aceptara a proposta de rotonda e que agora ven de confirmar que será construída en este ano.

A concelleira de urbanismo, Uxía Lemus, mantivo unha reunión con responsables do ministerio  “na reunión explicaron que teñen o proxecto feito cun orzamento de 240.000 euros (ive incluído) e que esperan poder licitalo en abril. Pola nosa banda agardamos que os prazos da administración non se dilaten moito e poder ver a obra realizada para o San Martiño deste ano”. O obra prevista contempla unha rotonda e un paso de peóns ao saír da rotonda dirección Milladoiro, diante dunha marquesiña. Na xuntanza, segundo comenta Lemus tamén se falou “da mellora da iluminación, doutras medidas de seguridade viaria ou da mellora do firme nalgunhas zonas da N-550 ao seu paso por Teo xa que detectamos algunhas deficiencias”.

Dende o Concello valórase moi positivamente a construción da rotonda por parte de Fomento xa que virá a solucionar problemas como o acceso de autobuses escolares á zona da carballeira de Francos, que doutro xeito non poden acceder por non ter garantida a seguridade no xiro. Esta problemática víñalle afectando a varios escolares nos últimos anos que non podían usar a parada de autobús que teñen máis preto da casa, tendo que achegarse á N-550 de noite e percorrendo bastante distancia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies