займ срочно

Centos de persoas  na ruada Vaia Troula de Ordes

0

Ordes, 23 de outubro do 2017 – Vaia Troula, ruada organizada pola A.C. Camiño Real de Poulo consolídase pouco a pouco como unha das citas folclóricas máis animadas e concorridas de toda a comarca.

Así o puideron comprobar todos os asistentes á terceira edición que se celebrou o pasado sábado na parroquia de Poulo (Ordes). Centos e centos de persoas bailaron, cantaron e disfrutaron durante horas ao compás da música tradicional galega e cos ritmos máis enxebres. Os máis atrevidos incluso se atreveron a improvisar coa pandeireta, a gaita ou o bombo, xa que cabía a posibilidade de que tocasen algún destes instrumentos. Os petiscos aos que convidaron os organizadores axudaron a repoñer forzas e a manter viva a festa ata ben entrada a noite.

Nesta ocasión as agrupacións que formaron parte do cartel foron: Somos nós (Ordes), A.C. Veciños de Leira, Xentiña de Trazo, A.C. Brisas do Quenllo (A Pontraga), A.C. Pandeireteiras de Ardevento (O Mesón do Vento), Pandeireteiras das Encrobas, Pandeireteiras de Rodís, A.C. Amigos do acordeón de Sigüeiro e A.C. Sarillo (Aiazo). Por suposto tampouco faltará a A.C. Camiño Real de Poulo, organizadores desta animada cita en colaboración coa cafetería e centro de ocio infantil Feitizo, Manel percusión tradicional, ademais do Concello de Ordes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies